1/5/23

Día do libro: aliméntate de contos!!

Dende Bibliobrozos festexamos o Día do Libro durante todo o mes de abril seguindo a temática do cine e baixo o lema: aliméntate de contos!!🎬

Por iso propuxen ao alumnado que escollera o seu conto preferido e o converteran nunha carteleira de estreo de cine e, ao seu carón, fixeran un cornete con flocos de millo que dera información do libro.

Desta forma decoramos os corredores coas carteleiras de contos e os flocos de millo nos que podiamos ler a información necesaria para que nos entraran gañas de ler ese conto.


De camiño á Bibliobrozos elaboramos "un paseo de contos" cos libros máis lidos polo noso alumnado.


Ademáis, fixemos o noso III Apadriñamento/amadriñamento lector, onde o alumnado maior do centro (de 3º a 6º de Primaria) acompañou ao alumnado máis pequeno para lerlles diferentes contos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario