En Bibliobrozos estanse a levar a cabo diferentes actividades por rincóns coa finalidade de fomentar a escritura, a lectura e o xogo cooperativo.
Consta de 4 zonas de traballo:
-Na 1ª: gravación de contos co lápis lector "Anybook". É un dispositivo de gravación e reprodución con lector óptico que permite que o alumnado grave lecturas e as asocie a unhas pegatinas que permitirá reproducir o conto.
-2ª zona: uso da aplicación "Bookcreator" para crear contos e comics en dixital
-3ª zona: uso da apliación "Canva " para realizar diferentes diseños, marcapáxinas e carteis de libros.
-4ª zona: uso de diferentes xogos de lóxica e lingüísticos dos que se mercaron para o rincón de xogos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario