13/6/24

Obradoiro de runas viquingas!!

Achégase o fin de curso... pero en Bibliobrozos seguimos coas portas abertas e tendo visitas. 
Esta semana visitounos unha nai de 4ºA de Primaria, Eva María Fernández Vázquez, que xa estivo o curso pasado lendo os seus contos preferidos. Nesta ocasión veu a realizar un obradoiro de runas viquingas aos rapaces/zas!!!

En primeiro lugar faloulles do libro: "Historia para niños, los vikingos" de Miguel Ángel Saura. Con este libro ensinoulles e explicoulles como era a vida dos viquingos, as súas crenzas, que deuses tiñan... A continuación adentrouse no alfabeto dos viquingos, repartindo as runas coas iniciais dos nomes do alumnado, ademáis do significado de cada un.

Descubertas as runas que utilizaban os viquingos e os seus significados, Eva, axudoulles a realizar uns colgantes con pasta de modelar (fimo) para marcar neles as runas. Primeiro déronlle forma a pasta para despois marcar a runa, e unha vez feita, levouse ao forno durante 10 minutos e.... colgantes listos para poñer o cordel.

A maiores, o alumnado de 4ºA, debuxouse como serían de viquingos e a runa da inicial do seu nome. Xa son uns auténticos viquingos!!!



Os nen@s desfrutaron, pasárono xenial e aprenderon un montón!!! 

Moitísimas grazas, Eva, pola túa visita e polo teu traballo, é impresionante!!!! 
Esperamos que volvas pronto... o vindeiro curso!!!!😀😉

E recordade... Bibliobrozos sempre está aberto para as peticións das familias!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario