17/10/23

Día das Escritoras!!!

O luns festexamos do Día das Escritoras baixo o lema: O pracer, a alegría e as risas das mulleres.

Para este día, fixemos unha exposición de libros na nosa sección de conmemoracións e tamén compartimos un xogo de pistas sobre diferentes contos.

O obxectivo do xogo é adiviñar algunhas obras literarias de escritoras galegas que temos na nosa comunidade a través das pistas.

O alumnado de Infantil e Primaria foi quen de adiviñar os contos e pasárono moi ben!!




1/10/23

Novidades lectoras de outubro!!

Xa están aquí as de novidades de outubro en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

Mochilas viaxeiras en camiño!!

Xa están en camiño as mochilas viaxeiras!! Xa podedes desfrutar en familia, dunha nova viaxe chea de aventuras. 

Semanalmente, os nen@s de 3º e 4º de Primaria, poderán levar a súa casa unha mochila con: un DVD, un libro de poesía, un conto, unha revista, un periódico e un cómic. 

Que comence a viaxe!!!

Benvid@s a un novo curso cheo de lecturas!!!

Ola a tod@s!! 
Comeza un novo curso e Bibliobrozos   xa está preparado para abrir as súas portas a todo o alumnado!!!! 

Mañá comezamos a abrir nos recreos para que desfrutedes das novidades lectoras, do rincón de xogos e usedes os portátiles para a búsqueda de libros. 

Para todo isto, contamos coa axuda fundamental dos Mini-bibliotecarios, que este ano veñen con moitas gañas de axudar, recomendar e desfrutar dos libros!!

Pero, antes da apertura de Bibliobrozos tiven a visita do alumnado de 1º de EP que veu facer unha formación para coñecer e aprender cómo está distribuída a biblioteca, qué libros poden coller, cómo colocalos...

Esta visita estivo acompañada dunha lectura do meu libro preferido "Calvin non sabe voar" e como non, deixeilles un agasallo máxico: uns brocicolgantes que brillan na escuridade que lles axudarán a ler mellor.


 E.... estade atentos ao blog porque durante o curso haberá moitas sorpresas.

                                                            Asinado:

19/6/23

Feliz verán cheo de lecturas!!

Rematou o curso e eu (Brociños), o Equipo de Biblioteca e o equipo de Dinamización da Lingua Galega compartímosvos as recomendacións de lectura para este verán.

Tamén aproveitamos para deserxarvos unhas felices e ben merecidas vacacións... e que os libros vos acompañen neste verán!!

Rematamos o Brocicurso con contacontos de familias!!

Hoxe demos por finalizadas as actividades de Bibliobrozos, e que mellor maneira que despedir o curso en compañía das familias?  Pois iso foi o que pensou Eva María Fernández, unha nai de 3ºA de EP, que volveu a visitarnos para contarlles dous contos ao alumnado de 3º.

Nesta ocasión contoulles "A estraña sorpresa" e "A estraña familia" para completar a triloxía que comenzara na anterior visita. 

Moitas grazas pola túa visita!!! Esperamos verte para o vindeiro curso😉!!!

6/6/23

Moitas grazas, Minibibliotecari@s!!!

Hoxe festexamos, por todo o alto, o gran traballo levado a cabo pol@s Minibibliotecari@s!!!

Durante todo o curso estiveron vindo nos recreos para axudarnos a facer préstamos, devolucións, colocar, expurgar e asesorar ao alumnado para buscar e recomendar contos.

Por iso, quedaron convidad@s a unha festa para agradecerlles a súa implicación, colaboración e espectacular traballo. Nesta festa festexamos todos xunt@s cunha merenda, uns bailes e tamén cuns agasallos cos seus diplomas de Minibibliotecari@s.

MOITAS GRAZAS!!! Foi un pracer compartir traballo con todos vós!!! E agora... toca esperar aos nov@s Minibibliotecari@s para o vindeiro curso!!!


1/6/23

Obradoiro de poesia en 1º de Primaria!!

Rematamos os obradoiros co alumnado de 1º de Primaria que desfrutou dun taller de poesía no que xogaron coas rimas, crearon as súas obras e recitáronas.

Voltaremos con máis obradoiros para o vindeiro curso!!