3/6/25

Visita de Paula Paz!!

Paula Paz, gran comunicadora, pasou por Bibliobrozos para falar, ao alumnado de 1º de Primaria, sobre un documental que está a levar a cabo sobre a contaminación dos mares e os grandes perxuizos para a fauna mariña e sobretodo para as tartarugas.

Velaquí tedes un  fragmento do taller que fixo Paula para:

Visita de Paula.

Proxecto medioambiental rematado!!

Os rapaces/zas de primeiro xa rematoron o seu proyecto medioambiental gracias a Marilé, de Mar de Cores.

Deixámosvos nesta ligazón un vídeo de todo o proceso, e en breve veredes o producto final!! Vídeo do proceso.

14/5/25

Podcast sobre As Cantareiras!!

Con motivo do Días das Letras Galegas e os alumnos e alumnas de 6º de primaria buscaron información sobre a figura das cantareiras, homenaxeadas este ano.

Fixeron unha sondaxe pola rapazada para coñecer, de primeira man, a maiores das figuras en si das cantareiras, a música tradicional galega e a transmisión oral da poesía popular. 

Ademáis, debateron entre eles e elas, se os rapaces e as rapazas estaban a manter ou non viva esta tradición na nosa contorna. Deste xeito, na radio escolar tiveron a posibilidade de entrevistar e escoitar a un grupo de rapazas que pertencen a unha asociación cultural e que, todo sexa dito, desbordaron as súas previsións.


Se pinchades na seguinte ligazón poderedes escoitar a entrevista: Escoitar podcast

Obra de teatro: Mais saabor!!

O luns, o alumnado de 5º e 6º de E.Primaria desfrutou de música, risas, gastronomía e teatro coa obra "Mais saaabor" no Centro Cívico Cultura de Arteixo, Manuel Murguía.

Chegaron cun carro de comida de grandes dimensións do que surxiron infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e un montón de elementos e artefactos cos que cociñar música. 

Foi unha mañá que deixou moi bo sabor de boca!!!

9/5/25

Obradoiro de educación ambiental!!!

Hoxe en Bibliobrozos os rapaces/zas de 1º de Primaria tiveron a gran sorte de contar con Marilé, de Mar de Cores, para facer un obradoiro de educación ambiental.

Grazas a ela comezaron un gran proxecto!!! Cal será o seguinte paso??

Moitas grazas, Marilé!!!





2/5/25

Novidades lectoras de maio!!

Xa están aquí as de novidades de maio en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

30/4/25

Visita da escritora, Celtia Figueiras

Esta semana o alumnado de 3º de Primaria tivo a visita da gran escritora, Celtia Figueiras, que veu falarlles do seu libro "A banda dos insectos, pasando a bóla". 

Os rapaces/zas, que leran na aula o seu libro, estaban desexando coñecer curiosidades e anécdotas que Celtia lles resolveu e lles ampliou moito máis. Ademáis, estiveron debatindo dos valores que ten o libro como: o compañerismo, o saber perder, o traballo en equipo, o valor da amizade, o respeto polos gustos e diferenzas dos demáis... E para rematar a charla, Celtia asinou todos os libros ao alumnado, quedaron encantad@s!!!

Moitas grazas polo túa visita, Celtia!!


27/4/25

Xincana do Día do Libro na residencia de anciáns.

Baixo o proxecto "As luces do camiño", o alumnado de 3º de Primaria, foi visitar aos maiores a residencia de anciáns de Arteixo para realizar unha xincana do Día do Libro.

O alumnado tivo que traballar en equipos cos maiores para resolver diferentes probas. A primeira proba foi unha ronda de preguntas sobe nomes de contos e autores, a compenetración entre os maiores e alumnos/as fixo que contestaran todas moi ben. Despois de superar esta proba, pasaron a realizar un encrucillado sobre persoxanes de contos e nomes dos autores. 

Para rematar tiveron que seguir unha serie de pistas para atopar un libro de Cervantes que lles levaría a atopar un cofre cun tesouro dentro, uns agasallos!!! Unhas sementes para cada un/unha: plantar unha semente é como abrir un mundo por descrubir

Pasárono xenial e desfrutaron moitísimo.

Moitas grazas a residencia de maiores con convidarnos!!