1/12/22

Novidades de decembro!!

Xa están aquí as de novidades de decembro en Bibliobrozos!!!

Se queredes saber mais destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

Están esperando por vós nos expositores de novidades!!!

28/11/22

25N: todos xuntos dicimos que non!!!

Para esta ocasión colaboramos co Equipo de Convivencia para traballar a sensilbilización ante todas as formas de violencia, o respecto e a igualdade a través da lecturas de varios libros.

Cada ciclo traballou diferentes contos:

-En Infantil leron o "monstro pequeno di non". A través deste conto o alumnado elaborou unha árbore pola non violencia, decorándoa coas súas máns de cor violeta💜

-No 1º ciclo de Primaria leron "Daniela Pirata". Despois da lectura fixeron mensaxes en botella para reforzar o significado do 25N.


-No 2º ciclo de Primaria leron "Cuando las niñas vuelen alto". A partires do libro os nen@s colorearon e escribiron mensaxes en plumas para crear unhas ás. 


-No 3º ciclo de Primaria leron "La igualdad entre hombres y mujeres no es ninguna broma". Con este libro desmontaron mitos sobre o amor e os roles de xénero, e elaboraron as súas máns para formar un "NON".

E por último, deixamos a selección de libros para esta data:

25/11/22

2ª Semana de experimentos nos recreos!!

Esta semana rematamos os experimentos nos recreos de Bibliobrozos co alumnado voluntario de 5º de Primaria.


Ensinaron ao resto de nenos e nenas de os experimentos que tiñan preparados: capilaridade de líquidos, electricidade estaática, como repeler a pementa...

Darlle as grazas aos pequenos científi@s por querer compartir os seus experimentos, foi unha auténtica marabilla e todo un éxito!!! 






18/11/22

Elabora o teu lapbook de experimentos

Despois de participar ou ver os experimentos na biblioteca... Queredes facer un Lapbook dun experimento e que esté exposto nos corredores e logo na Biblioteca do colexio, a modo de libros informativos para prestar aos nenos e nenas??? Pois atendede ben.

O Equipo de Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñémosvos a seguinte actividade para o alumnado de 5º e 6º de Primaria:

-Escollede un experimento e nunha cartolina facede unha portada.

-Poñede os materiais que precisades para facelo.

-Logo escribide os pasos para realizalo.

-Por último, nos esquezades facelo en galego e poñer os vosos datos.

Agardamos os vosos Lapbooks!!!


Semana de experimentos nos recreos!!

Con motivo do
Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, durante esta semana tivemos diferentes experimentos nos recreos de Bibliobrozos. 

O alumnado voluntario de 6º de Primaria veu a biblioteca para explicar ao resto de nenos e nenas de toda Primaria os experimentos que tiñan preparados. 

Houbo experimentos de tódolos tipos: dende como facer pasta de dentes para elefantes, como crear un arco da vella, como crear un líquido non newtoniano...

Darlle as grazas aos pequenos científi@s por querer compartir e explicar os seus experimentos cos demáis, foi unha auténtica marabilla e todo un éxito!!! 

Pero a cousa non queda ahí.... A vindeira semana seguiremos cos experimentos nos recreos, pero nesta ocasión tócalle a quenda ao alumnado de 5º de Primaria.





17/11/22

Coñecendo o mundo dos cogomelos

Esta semana o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, tiveron a visita de Argimiro que veu falarlles do apaixonante mundo dos cogomelos.

Aportoulles a todos unhas pautas para a búsqueda responsable de cogomelos, explicándolles as diferenzas físicas entre as máis perigosas e as comestibles.

Todas as explicacións foron acompañadas dunha exposición de cogomelos, onde o alumnado puido ver e tocar as diferentes especies.

Moitas grazas, Argimiro!!!