20/3/23

Obradoiro de Mindfulness en Infantil!!

Dende de inicio de mes, todo o alumnado de Infantil (3, 4 e 5 anos) foi pasando pola Aula de Contos para facer un obradoiro de Mindfulness!!

Primeiro comezaron co contacontos do libro "Respira" que explica como a respiración se relaciona coas emocións. 

Logo, realizaron e aprenderon algunhas  técnicas de relaxación e respiración que axudan a activar a mente.

E para rematar o obradoiro, elaboraron o seu propio bote da calma para levar para a aula e así, relaxarse e tranquilizarse cando se sintan enfadados ou frustados.





14/3/23

Teatro de títeres: Lúa quere viaxar a....Marte!!

Hoxe, o alumnado de 4 e 5 anos de Infantil, desfrutou dun teatro de títeres do conto: Lúa quere viaxar a...Marte!! A cargo da Xanela do Maxín.

A representación contou a historia do soño de Lúa, ser astronauta. Ela cóntalle aos seus achegados que quere viaxar a Marte e que a pesar de todas as dificultades  está disposta a conseguir o seu soño.

Para loitar polo que quere, toma como referente a moitas mulleres científicas, astronautas, investigadoras...para poder superar todos os obstáculos que se atopará polo camiño. 

Un conto cheo de maxia que fomenta a igualdade entre homes e mulleres.

Grazas pola visita!!!



12/3/23

Día Internacional da Muller e Día Mundial da Poesía!!!

Neste 8M tivemos unha chea de actividades organizadas polo Equipo de Convivencia, que contou coa colaboración dos integrantes do proxecto "Donas de sí" e do Equipo de Biblioteca. 

En Educación Infantil traballaron a lectura do conto: "el niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa" e realizaron diferentes actividades sobre as mulleres da súa vida.

Ademáis, o alumnado recibiu un agasallo por parte do Concello de Arteixo e  do CIM, o libro dos "Bolechas" sobre o Día da Muller.




En Primaria propúxose a lectura de diferentes libros e un concurso por ciclos: 

-Primeiro ciclo: a lectura do conto "Mamá robot" e un concurso de debuxos con lemas.

-Segundo ciclo: a lectura dalgunha poesía do libro "Feminino singular, en plural" e un concurso de poemas.

-Terceiro ciclo: a lectura do conto "A nena lectora" e un concurso de microrrelatos.




Por outra banda, festexamos o Día Mundial da Poesía, que se conmemora o día 21, proporcionando un material para traballar algúns poemas de Gloria Fuertes e do libro "Feminino, singular en plural"

A maiores, o alumnado fixo fóra do concurso diferentes poemas sobre as mulleres máis importantes da súa vida que recompilaron nun mural.

Por último, compartimos as lecturas que se poden atopar en Bibliobrozos para traballar a igualdade e a vida de moitas mulleres importantes da historia

Obradoiro de iniciación ao lettering!!

Esta semana, o alumnado de 4º de Primaria, comezou a pasar por Bibliobrozos para aprender a deseñar, compoñer e escribir letras bonitas no obradoiro de Iniciación ao Lettering!!!

Equipados con rotuladores de punta pincel  comezaron aprendendo a realizar trazos finos, grosos... ata ir creando a súas propias creacións. 


1/3/23

Novidades de marzo!!!

Xa están aquí as de novidades de marzo en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

14/2/23

Festexamos o amor!!

Hoxe, 14 de febreiro, en Bibliobrozos queremos festexar o amor pola vida, polas amizades, pola familia, polos animais, pola natureza... e que mellor maneira que recomendando ou compartindo contos cos teus seres queridos.

O amor é fundamental para ser felices é os personaxes dos contos o saben, por iso vos deixamos unha bonita selección de libros para que desfrutedes do amor en tódolos seus ámbitos💖

Feliz día!!!💗

13/2/23

É Entroido en Bibliobrozos!!

Chegou o Entroido a Bibliobrozos!! 

Xa sabedes que son moi festeiro... por iso volvín falar cos protagonistas dos contos de Bibliobrozos e algúns deles disfrazáronse esta semana. Así que vos volvo propoñer o seguinte xogo: adiviñar que personaxes se esconden detrás de cada disfrace. Seredes capaces de recoñecelos? 

Se os adiviñas todos é que eres un gran lector, e se nón é así, convídote a que os busques na biblioteca e te animes a coñecer as súas aventuras.

4/2/23

Obradoiros de Haikus en 6º de Primaria!!

Durante o mes de xaneiro todo o alumnado de 6º de Primaria pasou por Bibliobrozos para coñecer outro tipo de poesía, os Haikus.

Remataron esta semana e levaron consigo o seu haiku en forma de pai pai.

Agora tod@s están listos para escribir diferentes poesias!!