27/10/25

Celebrando o día das bibliotecas escolares... cun mercadillo solidario!

 


O 24 de outubro, os corredores do CEIP Ponte dos Brozos enchéronse de solidaridade, ilusión... e moitos libros viaxando a novos fogares! 📗

Durante toda a xornada clebramos o noso mercadillo solidario, unha actividade na que o alumnado podía levarse un libro a cambio de doar un alimento. 🍞

O obxectivo era doble: fomentar a lectura e, ao mesmo tempo, axudar a quen máis o necesita. Gracias á xenerosidade de todos os participantes, reunimos unha gran cantidade de productos.

Dende a biblioteca queremos agrader a participación e o entusiasmo de todo o alumnado, profesorado e familias que fixeron posible esta iniciativa. Entre todos e todas demostramos que ler tamén pode ser un acto solidario. 💜

21/10/25

Benvidos e benvidas ao curso 2025-26!

 



Nestes momentos a biblioteca do CEIP Ponte dos Brozos está pechada porque estamos ordenando todos os libros e facendo un novo inventario. Aínda así, non nos detemos!

Dende a biblioteca seguimos a preparar actividades divertidas e lecturas interesantes para que continuedes desfrutando dos libros e descubrindo novas historias, así que... non vos perdades os posts que iremos subindo! 

Moi pronto poderedes volver a visitarnos e encontrar moitas sorpresas! 🙈😲




18/6/25

Un verán cheo de lecturas!!

Rematou o curso e eu (Brociños), o Equipo de Biblioteca e o equipo de Dinamización da Lingua Galega compartímosvos as recomendacións de lectura para este verán.

Tamén aproveitamos para deserxarvos unhas felices e ben merecidas vacacións... e que os libros vos acompañen neste verán!!

13/6/25

Grazas, Minibibliotecari@s!!!

Hoxe festexamos, por todo o alto, o gran traballo levado a cabo pol@s Minibibliotecari@s!!!

Durante todo o curso estiveron vindo nos recreos para axudarnos a facer préstamos, devolucións, colocar, decorar e asesorar ao alumnado para buscar e recomendar contos.

Por iso, quedaron convidad@s a unha festa para agradecerlles a súa implicación, colaboración e espectacular traballo. Nesta festa festexamos todos xunt@s cunha merenda e cuns agasallos.

MOITAS GRAZAS!!! Foi un pracer compartir traballo con todos vós!!! E agora... toca esperar aos nov@s Minibibliotecari@s para o vindeiro curso!!!


3/6/25

Visita de Paula Paz!!

Paula Paz, gran comunicadora, pasou por Bibliobrozos para falar, ao alumnado de 1º de Primaria, sobre un documental que está a levar a cabo sobre a contaminación dos mares e os grandes perxuizos para a fauna mariña e sobretodo para as tartarugas.

Velaquí tedes un  fragmento do taller que fixo Paula para:

Visita de Paula.

Proxecto medioambiental rematado!!

Os rapaces/zas de primeiro xa rematoron o seu proyecto medioambiental gracias a Marilé, de Mar de Cores.

Deixámosvos nesta ligazón un vídeo de todo o proceso, e en breve veredes o producto final!! Vídeo do proceso.

14/5/25

Podcast sobre As Cantareiras!!

Con motivo do Días das Letras Galegas e os alumnos e alumnas de 6º de primaria buscaron información sobre a figura das cantareiras, homenaxeadas este ano.

Fixeron unha sondaxe pola rapazada para coñecer, de primeira man, a maiores das figuras en si das cantareiras, a música tradicional galega e a transmisión oral da poesía popular. 

Ademáis, debateron entre eles e elas, se os rapaces e as rapazas estaban a manter ou non viva esta tradición na nosa contorna. Deste xeito, na radio escolar tiveron a posibilidade de entrevistar e escoitar a un grupo de rapazas que pertencen a unha asociación cultural e que, todo sexa dito, desbordaron as súas previsións.


Se pinchades na seguinte ligazón poderedes escoitar a entrevista: Escoitar podcast

Obra de teatro: Mais saabor!!

O luns, o alumnado de 5º e 6º de E.Primaria desfrutou de música, risas, gastronomía e teatro coa obra "Mais saaabor" no Centro Cívico Cultura de Arteixo, Manuel Murguía.

Chegaron cun carro de comida de grandes dimensións do que surxiron infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e un montón de elementos e artefactos cos que cociñar música. 

Foi unha mañá que deixou moi bo sabor de boca!!!