21/3/24

Día Mundial da Poesía!!

Hoxe, 21 de marzo, festexamos o Día Mundial da Poesía co noso primeiro programa de Radio no canal de "Radio Brociños"!!!

Os nenos e nenas de 4ºA de Primaria, gravaron un programa para falar un pouco sobre este día, cal é a súa procedencia, dende cando se celebra... e tamén falaron dos seus poetas e poetisas favoritas recitando algúns os seus poemas!!

Pinchade na seguinte ligazón e desfrutade do primeiro programa de.... Radio Brociños!!!

1º Programa de "Radio Brociños"

Obradoiro de marionetas!!!

Hoxe tivemos un obradoiro moi creativo en Bibliobrozos... un obradoiro para crear marionetas!!!

O alumnado estivo deseñando e confeccionando unhas marionetas de osiños para logo inventar os seus contos e representalos no teatriño diante dos compañeir@s.

Mañá seguimos co obradoiro... a seguir creando personaxes e contos!!!


16/3/24

Obradoiro de cómics!!

Con motivo do Día do Cómic, o alumnado de 4º de Primaria veu a Bibliobrozos a facer un obradoiro para crear cómics en en formato dixital.

Aprenderon a utilizar as aplicacións "Comic Captions" e "Book Creator" para crear as súas historias.

Wow!!! Que ben o pasaron e canto aprenderon!!!

8/3/24

Día Internacional da Muller!!

Neste día compartimos as lecturas que podedes atopar en Bibliobrozos para traballar a igualdade e a vida de moitas mulleres importantes da historia:

1/3/24

Novidades lectoras de marzo!!

Xa están aquí as de novidades de marzo en Bibliobrozos!!!

Recordade que se queredes saber máis destos libros, pasade o rato por riba do símbolo + e teredes un pequeno resumo dos contos.

26/2/24

Mochilas da igualdade!!

Hoxe comezou a viaxe das mochilas viaxeiras da igualdade!! O percorrido será polo colexio todo o trimestre e mediados do seguinte. A iniciativa que parte do Equipo Donas de si e coa colaboración da Biblioteca, trata de achegar as lecturas de igualdade ás clases do Ponte dos Brozos. 

Son lecturas que abrenguen biografías de mulleres salientables do noso país, da nosa cultura e tamén de figuras máis internacionais. Sempre comezando polo eido da cultura e das ciencias, pero tamén nos campos dos deportes, política, etc. 

Desexamos dende o equipo Donas de si que desfrutedes moito coa iniciativa!





14/2/24

Lecturas polo amor!!

Hoxe, 14 de febreiro, en Bibliobrozos queremos festexar o amor pola vida, polas amizades, pola familia, polos animais, pola natureza... e que mellor maneira que recomendando ou compartindo contos cos teus seres queridos.

O amor é fundamental para ser felices é os personaxes dos contos o saben, por iso vos deixamos unha bonita selección de libros para que desfrutedes do amor en tódolos seus ámbitos💖

Feliz día!!!💗

9/2/24

Un Entroido cheo de contos!!

Chegou o Entroido a Bibliobrozos!!🎭 E que mellor maneira de celebralo que disfrazándose de personaxes de contos!!

Este curso contamos coa temática dos contos para que vos disfracedes de: Carapuchiñas, Alicia no país das Marabillas, o monstro das emocións, soldadiños de chumbo... É un pracer ver a todos os nenos e nenas disfrazados dos pratagonistas dos libros e que a maxia dos contos invada o colexio!!

E como xa é habitual... volvín falar cos protagonistas dos contos de Bibliobrozos e algúns deles disfrazáronse esta semana. Así que vos volvo propoñer o seguinte xogo: adiviñar que personaxes se esconden detrás de cada disfrace. Seredes capaces de recoñecelos? 

Se os adiviñas todos é que eres un gran lector, e se nón é así, convídote a que os busques na biblioteca e te animes a coñecer as súas aventuras.