Hoxe, o alumnado de 6º de Primaria veu a Bibliobrozos para facer traballos de investigación.
O seu primeiro traballo consistiu na temática do corpo humano. Organizados por equipos, cada un, buscou un libro como punto de partida para informarse da temática (circulatoria, nerviosa...) e continuar traballando nos portátiles para facer unha presentación do tema e despois un traballo.