Mostrando entradas con la etiqueta Mochilasviaxeiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mochilasviaxeiras. Mostrar todas las entradas

1/10/23

Mochilas viaxeiras en camiño!!

Xa están en camiño as mochilas viaxeiras!! Xa podedes desfrutar en familia, dunha nova viaxe chea de aventuras. 

Semanalmente, os nen@s de 3º e 4º de Primaria, poderán levar a súa casa unha mochila con: un DVD, un libro de poesía, un conto, unha revista, un periódico e un cómic. 

Que comence a viaxe!!!

13/4/23

Mochilas viaxeiras da Igualdade!!

Esta semana comezaron a viaxar polas aulas de cada ciclo as mochilas viaxeiras da Igualdade.

É unha iniciativa do equipo "Donas de si" coa colaboración do equipo de Biblioteca.

Trátase de achegar material textual para poder desenvolver a temática da igualdade nas aulas e a visibilización dos logros das mulleres ao longo da historia.

Os obxectivos fundamentais que persegue son, entre outros, visibilizar e pór en valor a participación e produción das mulleres, recoñecer o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e contribuir ao desenvolvemento das competencias clave (CSC e CCL fundamentalmente), á coeducación e a educación para a igualdade.

19/10/22

Mochilas Viaxeiras!!

Xa están de camiño aos fogares do alumnado de 3º e 4º de Primaria, as Mochilas Viaxeiras!!!

Cheíñas de libros: informativos, banda deseñada, narrativos, poéticos, revistas e DVDs de documentais.

A maiores, como novidade levan dentro un cuestionario en código Qr para que as familias poidan dar as súas opinións, suxerencias... sobre o contido das mesmas.

Agora, a desfrutalas e que teñan unha boa viaxe polos fogares!!!

4/11/21

Mochilas Viaxeiras!

Xa están en camiño as mochilas viaxeiras!! Xa podedes desfrutar en familia, dunha nova viaxe chea de aventuras. 

Semanalmente, os nen@s de 3º e 4º de Primaria, poderán levar a súa casa unha mochila con: un DVD, un libro de poesía, un conto, unha revista e un cómic. 

Que comence a viaxe!!!