Mostrando entradas con la etiqueta recreosdebibliobrozos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recreosdebibliobrozos. Mostrar todas las entradas

22/4/25

Contacontos nos recreos de Bibliobrozos!!!

Dende o luns, 7 de abril, os minibliotecari@s levan facendo os "Recreos de contacontos". Viñeron a compartir a lectura de varios libros para o alumnado que quixo desfrutar desta actividade. 

Os minibibliotecari@s implicáronse moito e fixérono xenial!!! O alumnado espectador quedou encantado e con gaña de máis lecturas. Así que... xa sabedes, se queredes desfrutar dun bo conto, pasade polos recreos de Bibliobrozos porque segue habendo os "Recreos de contacontos " ata fin de mes. 



30/1/23

Proxección de contos en Bibliobrozos!!

Comezamos o mes de febreiro coa nosa 1ª semana de proxeccións de contos nos recreos de Bibliobrozos!!

Durante a semana do luns (6 de febreiro) ao venres, (10 de febreiro) animádevos a pasar por Bibliobrozos para poder desfrutar do visionado dun conto cada día.

Esperámosvos!!!