20/6/24

Un verán cheo de lecturas!!!

Rematou o curso e eu (Brociños), o Equipo de Biblioteca e o equipo de Dinamización da Lingua Galega compartímosvos as recomendacións de lectura para este verán.

Tamén aproveitamos para deserxarvos unhas felices e ben merecidas vacacións... e que os libros vos acompañen neste verán!!

13/6/24

Obradoiro de runas viquingas!!

Achégase o fin de curso... pero en Bibliobrozos seguimos coas portas abertas e tendo visitas. 
Esta semana visitounos unha nai de 4ºA de Primaria, Eva María Fernández Vázquez, que xa estivo o curso pasado lendo os seus contos preferidos. Nesta ocasión veu a realizar un obradoiro de runas viquingas aos rapaces/zas!!!

En primeiro lugar faloulles do libro: "Historia para niños, los vikingos" de Miguel Ángel Saura. Con este libro ensinoulles e explicoulles como era a vida dos viquingos, as súas crenzas, que deuses tiñan... A continuación adentrouse no alfabeto dos viquingos, repartindo as runas coas iniciais dos nomes do alumnado, ademáis do significado de cada un.

Descubertas as runas que utilizaban os viquingos e os seus significados, Eva, axudoulles a realizar uns colgantes con pasta de modelar (fimo) para marcar neles as runas. Primeiro déronlle forma a pasta para despois marcar a runa, e unha vez feita, levouse ao forno durante 10 minutos e.... colgantes listos para poñer o cordel.

A maiores, o alumnado de 4ºA, debuxouse como serían de viquingos e a runa da inicial do seu nome. Xa son uns auténticos viquingos!!!



Os nen@s desfrutaron, pasárono xenial e aprenderon un montón!!! 

Moitísimas grazas, Eva, pola túa visita e polo teu traballo, é impresionante!!!! 
Esperamos que volvas pronto... o vindeiro curso!!!!😀😉

E recordade... Bibliobrozos sempre está aberto para as peticións das familias!!

11/6/24

Contacontos en 1º de EP!!!

Onte volvimos a ter a visita de 
Sabela Gago que recibiu aos nen@s de 1º de Primaria para contarlles o conto de "Martiño e o lapis máxico"

Coma sempre, desfrutaron da historia de Martín. Pasárono xenial!! 

Moitas grazas, Sabela!!

5/6/24

Despedida dos Minibibliotecari@s!!

Hoxe festexamos, por todo o alto, o gran traballo levado a cabo pol@s Minibibliotecari@s!!!

Durante todo o curso estiveron vindo nos recreos para axudarnos a facer préstamos, devolucións, colocar, expurgar e asesorar ao alumnado para buscar e recomendar contos.

Por iso, quedaron convidad@s a unha festa para agradecerlles a súa implicación, colaboración e espectacular traballo. Nesta festa festexamos todos xunt@s cunha merenda e cuns agasallos.

MOITAS GRAZAS!!! Foi un pracer compartir traballo con todos vós!!! E agora... toca esperar aos nov@s Minibibliotecari@s para o vindeiro curso!!!



3/6/24

Contacontos de familias!!

 

Hoxe, unha nai animouse a visitar a Aula de contos para contar un conto a toda a clase de 4 anos B de Infantil. 

Esta nai, Tania Cerviño, quixo compartir coa clase da súa filla, Carlota, o conto de "El botiquín de Ana"  

Desfrutaron e pasáron xenial!!!

Moitas grazas pola túa visita!!!

31/5/24

Lecturas en familia!!

Que bonito é compartir lecturas... e sobre todo se as familias veñen ao colexio a contar contos ao alumnado!!

Neste último mes tivemos a visita de varios familiares que quixeron ler varios contos ao nenas e nenos d einfantil.

Moitas grazas!!! As portas sempre están abertas para compartir lecturas en familia!!

30/5/24

Obradoiro de banda deseñada en 4 anos!!

Rematamos os obradoiros de banda deseñada en Infantil cos rapaces/zas de 4 anos que pasaron pola Aula de Contos para aprender sobre os cómics de forma lúdica.

27/5/24

Contacontos musical en 3 e 5 anos!!

Volveu visitarnos o compositor, Luis Vallecillo, para que os nenos e nenas,
 de 3 e 5 anos, desfrutaran das súas cancións. 

Con él achegáronse máis á nosa lingua galega e aos versos da nosa querida Rosalía de Castro, e cantaron con él cancións como "Despacito", "O bigote de Mimí" e convertéronse nunhas galiñas bailongas.


Paárono xenial!!